Con obxecto de cumprir co artigo 10 da Lei 34/2002 de Servizos da Sociedade da
Información e Comercio Electrónico, informamos ao usuario dos nosos datos:
Denominación Social: SOCIEDAD DEPORTIVA O'SALGUEIRONome Comercial:
O'SALGUEIRODomicilio Social: LG. DE BARREIROS, S/N 15314 PADERNE (A CORUÑA)NIF:
G15115504Enderezo electrónico: salgueiropaderne@gmail.comPáxina Web: https://clubosalgueiro.es
Obxecto
O prestador, responsábel do sitio web, pon á disposición dos usuarios o presente
documento co cal pretende cumprir coas obrigacións dispostas na Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da
Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), así como informar a todos os usuarios do sitio web
respecto a cales son as condicións de uso do sitio web.
Toda persoa que acceda a este sitio web asume o papel de usuario, comprometéndose á
observancia e cumprimento rigoroso das disposicións aquí dispostas, así como a calquera outra disposición
legal que sexa de aplicación.
O prestador resérvase o dereito a modificar calquera tipo de información que poida
aparecer no sitio web, sen que exista obriga de preavisar ou poñer en coñecemento dos usuarios ditas
obrigacións, entendéndose como suficiente coa publicación no sitio web do prestador.
Responsabilidade
O prestador exímese de calquera tipo de responsabilidade derivada da información
publicada no seu sitio web, sempre que esta información fose manipulada ou introducida por un terceiro
alleo ao mesmo.
O sitio web do prestador pode utilizar cookies (pequenos arquivos de información que o
servidor envía ao ordenador de quen accede á páxina) para levar a cabo determinadas funcións que son
consideradas imprescindíbeis para o correcto funcionamento e visualización do sitio. As cookies utilizadas
no sitio web teñen, en todo caso, carácter temporal coa única finalidade de facer máis eficaz a súa
transmisión ulterior e desaparecen ao rematar a sesión do usuario. En ningún caso se utilizarán as cookies
para recoller información de carácter persoal.
Dende o sitio web do cliente é posíbel que se redirixa a contidos de terceiros sitios
web. Dado que o prestador non pode controlar sempre os contidos introducidos polos terceiros nos seus
sitios web, este non asume ningún tipo de responsabilidade respecto a ditos contidos. En todo caso, o
prestador manifesta que procederá á retirada inmediata de calquera contido que puidese contravir a
lexislación nacional ou internacional, a moral ou a orde público, procedendo á retirada inmediata da
redirección a dito sitio web, poñendo en coñecemento das autoridades competentes o contido en cuestión.
O prestador non se fai responsábel da información e contidos almacenados, a título
enunciativo pero non limitativo, en foros, chats, xeradores de blogs, comentarios, redes sociais ou
calquera outro medio que permita a terceiros publicar contidos de xeito independente na páxina web do
prestador. Non obstante e en cumprimento do disposto no art. 11 e 16 da LSSI-CE, o prestador ponse á
disposición de todos os usuarios, autoridades e forzas de seguridade, e colaborando de forma activa na
retirada ou, no seu caso, bloqueo de todos aqueles contidos que puidesen afectar ou contravir a
lexislación nacional, ou internacional, dereitos de terceiros ou a moral e a orde pública. No caso de que
o usuario considere que existe no sitio web algún contido que puidese ser susceptible desta clasificación,
rógaselle que o notifique de forma inmediata ao administrador do sitio web.
Este sitio web foi revisado e probado para que funcione correctamente. En principio,
pódese garantir o correcto funcionamento os 365 días do ano, 24 horas ao día. Non obstante, o prestador
non descarta a posibilidade de que existan certos erros de programación, ou que acontezan causas de forza
maior, catástrofes naturais, folgas, ou circunstancias semellantes que fagan imposible o acceso á páxina
web.
Propiedade Intelectual e industrial
O sitio web, incluíndo a título enunciativo pero non limitativo a súa programación,
edición, compilación e demais elementos necesarios para o seu funcionamento, os deseños, logotipos, texto
e/ou gráficos son propiedade do prestador ou, no seu caso, dispón de licenza ou autorización expresa por
parte dos autores. Todos os contidos do sitio web atópanse debidamente protexidos pola normativa de
propiedade intelectual e industrial, así como inscritos nos rexistros públicos correspondentes.
Independemente da finalidade para a que foran destinados, a reprodución total ou parcial,
uso, explotación, distribución e comercialización require en todo caso da autorización escrita previa por
parte do prestador. Calquera uso non autorizado previamente polo prestador será considerado un
incumprimento grave dos dereitos de propiedade intelectual ou industrial do autor.
Os deseños, logotipos, texto e/ou gráficos alleos ao prestador e que puidesen aparecer no
sitio web, pertencen aos seus respectivos propietarios, sendo eles mesmos responsables de calquera posible
controversia que puidese suscitarse respecto aos mesmos. En todo caso, o prestador conta coa autorización
expresa e previa por parte dos mesmos.
O prestador NON AUTORIZA expresamente a que terceiros poidan redirixir directamente aos
contidos concretos do sitio web, debendo en todo caso redirixir ao sitio web principal do prestador.
O prestador recoñece a favor dos seus titulares os correspondentes dereitos de propiedade
industrial e intelectual, non implicando a súa mera mención ou aparición no sitio web a existencia de
dereitos ou responsabilidade algunha do prestador sobre os mesmos, así como tampouco respaldo, patrocinio
ou recomendación por parte do mesmo.
Para realizar calquera tipo de observación respecto a posibles incumprimentos dos
dereitos de propiedade intelectual ou industrial, así como sobre calquera dos contidos do sitio web,
pódese facer a través do seguinte correo electrónico.
Veracidade da información
Toda a información que facilita o Usuario ten que ser veraz. A estes efectos, o Usuario
garante a autenticidade dos datos comunicados a través dos formularios para a suscrición dos Servizos.
Será responsabilidade do Usuario manter toda a información facilitada á SOCIEDAD DEPORTIVA
O'SALGUEIRO permanentemente actualizada de forma que responda, en cada momento, á súa situación
real. En todo caso, o Usuario será o único responsable das manifestacións falsas ou inexactas que realice
e dos prexuízos que cause ao prestador ou a terceiros.
Menores de idade
Para o uso dos servizos, os menores de idade teñen que obter sempre previamente o
consentimento dos pais, tutores ou representantes legais, responsables últimos de todos os actos
realizados polos menores ao seu cargo. A responsabilidade na determinación de contidos concretos aos cales
acceden os menores corresponde a aqueles, é por iso que se acceden a contidos non apropiados por Internet,
terán que establecer nos seus ordenadores mecanismos, en particular programas informáticos, filtros e
bloqueos, que permitan limitar os contidos dispoñibles e, a pesar de que non sexan infalibles, son de
especial utilidade para controlar e restrinxir os materiais aos que poden acceder os menores.
Obrigación de facer un uso correcto da Web
O Usuario comprométese a utilizar a Web de conformidade á Lei e ao presente Aviso Legal,
así como á moral e ás boas costumes. A tal efecto, o Usuario absténdese de utilizar a páxina con
finalidades ilícitas ou prohibidas, lesivas de dereitos e intereses de terceiros, ou que de calquera forma
poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización de equipos informáticos
ou documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático do prestador.
En particular, e a título indicativo pero non exhaustivo, o Usuario comprométese a non
transmitir, difundir ou poñer a disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes,
gráficos, debuxos, arquivos de son ou imaxe, fotografías, gravacións, software e, en xeral, calquera tipo
de material que:
(a) sexa contraria, desprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades
públicas recoñecidas constitucionalmente, en tratados internacionais e outras normas vixentes;
(b) induza, incite ou promova accións delituosas, denigrantes, difamatorias, violentas
ou, en xeral, contrarias á lei, á moral e á orde pública;
(c) induza, incite ou promova accións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por
razón de sexo, raza, relixión, creencias, idade ou condición;
(d) sexa contrario ao dereito ao honor, á intimidade persoal ou familiar ou á propia
imaxe das persoas;
(e) de calquera maneira prexudique a credibilidade do prestador ou de terceiros; e
(f) constitúa publicidade ilícita, enganosa ou desleal.
Ley Aplicable y Jurisdicci�n
Para a resolución de todas as controversias ou cuestións relacionadas co presente sitio
web ou das actividades nel desenvolvidas, será de aplicación a lexislación española, á que se someten
expresamente as partes, sendo competentes para a resolución de todos os conflitos derivados ou
relacionados co seu uso os Xulgados e Tribunais da CORUÑA.