Política de Cookies

 
 

 

1.- Antecedentes

De acordo coa normativa española que rexe o uso de cookies en relación coa prestación de servizos de comunicacións electrónicas, recollida no Real Decreto Lei 13/2012 do 30 de marzo, infórmase sobre as cookies utilizadas no sitio web de SOCIEDADE DEPORTIVA O'SALGUEIRO e a súa finalidade. Do mesmo xeito, infórmase de que ao navegar no Sitio Web, está a prestar o seu consentimento para poder utilizalas.

2.- Que son as cookies?

Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu ordenador ao acceder a determinadas páxinas web. As cookies permiten a unha páxina web, entre outras cousas, almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información que conteñan e da maneira en que utilice o seu equipo, poden utilizarse para recoñecer ao usuario. As cookies asócianse unicamente a un usuario anónimo e ao seu ordenador ou dispositivo e non proporcionan referencias que permitan coñecer os seus datos persoais.

3.- Tipos de cookies

(a) Cookies propias: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario dende un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e dende o que se presta o servizo solicitado polo usuario.

(b) Cookies de terceiros: son aquelas que se envían ao equipo terminal do usuario desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos a través das cookies.

(c) Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas para recoller e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web.

(d) Cookies persistentes: son un tipo de cookies nas que os datos seguen almacenados no terminal e poden ser accedidos e tratados durante un período definido polo responsable da cookie, e que pode ir duns minutos a varios anos.

(e) Cookies de análise: son aquelas que ben tratadas por nós ou por terceiros, permiten cuantificar o número de usuarios e así realizar a medición e análise estatístico da utilización que fan os usuarios do servizo ofertado. Para iso analízase a súa navegación na nosa páxina web co fin de mellorar a oferta de produtos ou servizos que lle ofrecemos.

(f) Cookies publicitarias: son aquelas que permiten a xestión, do xeito máis eficaz posíbel, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíu nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado en base a criterios como o contido editado ou a frecuencia coa que se mostran os anuncios.

(g) Cookies de publicidade comportamental: son aquelas que permiten a xestión, do xeito máis eficaz posíbel, dos espazos publicitarios que, no seu caso, o editor incluíu nunha páxina web, aplicación ou plataforma dende a que presta o servizo solicitado. Estas cookies almacenan información do comportamento dos usuarios obtida a través da observación continuada dos seus hábitos de navegación, o que permite desenvolver un perfil específico para mostrar publicidade en función do mesmo. Do mesmo xeito, é posible que ao visitar algúnha páxina web ou ao abrir algún email onde se publique algún anuncio ou algunha promoción sobre os nosos produtos ou servizos, instale no seu navegador algunha cookie que nos serve para mostrarlle posteriormente publicidade relacionada coa busca que realizou, desenvolver un control dos nosos anuncios en relación, por exemplo, co número de veces que son vistos, onde aparecen, a que hora se ven, etc.

4.- Tipos de cookies utilizadas por este sitio web

As cookies utilizadas no noso sitio web son de sesión e de terceiros e permiten almacenar e acceder a información relativa ao idioma, o tipo de navegador utilizado e outras características xerais predefinidas polo usuario, así como seguir e analizar a actividade que leva a cabo, co obxecto de introducir melloras e prestar os nosos servizos dunha maneira máis eficiente e personalizada. SOCIEDADE DEPORTIVA O'SALGUEIRO non utiliza cookies publicitarias ou de publicidade comportamental.

A utilización das cookies ofrece vantaxes na prestación de servizos dentro do que se coñece como a sociedade da información, xa que facilita ao usuario a navegación e o acceso aos diferentes servizos que ofrece este sitio web; evita ao usuario ter que configurar as características xerais predefinidas cada vez que accede ao sitio web; favorece a mellora do funcionamento e dos servizos prestados a través deste sitio web, tras a correspondente análise da información obtida a través das cookies instaladas.

  Nome Tipo Caducidade Finalidade Clase  
  __utma De terceiros (Google Analytics) 2 anos Úsase para distinguir usuarios e sesións. Non Exenta  
  __utmb De terceiros (Google Analytics) 30 minutos Úsase para determinar novas sesións ou visitas. Non Exenta  
  __utmc De terceiros (Google Analytics) Ao rematar a sesión Configúrase para o seu uso con Urchin. Non Exenta  
  __utmz De terceiros (Google Analytics) 6 meses Almacena a orixe ou a campaña que explica como o usuario chegou á páxina web. Non Exenta  

5.- Revocación e eliminación de cookies

En todo momento poderá acceder á configuración do seu navegador aceptando ou rexeitando todas as cookies, ou ben seleccionar aquelas cuxa instalación admite e cales non, seguindo un dos seguintes procedementos, que dependen do navegador que utilice:

Google Chrome
(no Menú Ferramentas) Configuración > Mostrar opcións avanzadas > Privacidade (Configuración de Contido) > Cookies
Máis información: https://support.google.com/chrome/answer/95647?hl=es

Microsoft Internet Explorer
(no Menú Ferramentas) Opcións de Internet > Privacidade > Avanzada
Máis información: http://windows.microsoft.com/es-es/internet-explorer/delete-manage-cookies#ie=ie-9

Firefox
Opcións > Privacidade > Cookies
Máis información: http://support.mozilla.org/es/kb/habilitar-y-deshabilitar-cookies-que-los-sitios-we

Safari, iPad e iPhone
Preferencias > Privacidade
Máis información: http://www.apple.com/es/privacy/use-of-cookies/

Opera
Configuración > Opcións > Avanzado > Cookies
Máis información: http://help.opera.com/Linux/10.60/es-ES/cookies.html

6.- Terceiros prestadores de servizos

En concreto, os terceiros prestadores de servizos cos que contratamos algún servizo para o que é necesario a utilización de cookies son:

  Provedor Finalidade do servizo e das cookies Información do provedor  
  GOOGLE Inc. Análise estatística do sitio web a nivel de contabilización de visitantes, páxinas visitadas, palabras chave utilizadas e semellantes http://www.google.es/intl/es/policies/privacy/