A nosa historia

A orixe da Sociedade Deportiva O'Salgueiro foi unha reunión dun pequeno grupo de amigos que atesouraban o xermolo do tenis e que en 1975 se lanzaron á aventura de comprar uns terreos para construír 'a pista de tenis', case todos eles seguen na práctica do tenis e continúan como socios do Club.

Aquela 'pista' do principio da historia converteuse nun conxunto de instalacións que enriqueceron as prestacións da Sociedade Deportiva cara aos seus socios.

 

 

 

O'Salgueiro mantivo ao longo de todos estes anos unha referencia de gran tradición no mundo do tenis galego.

Entre os seus socios atópanse desde hai anos e na actualidade campións galegos de veteranos en distintas categorías e tanto na modalidade de individuais como en dobres.

 

 
 
  O'Salgueiro - Sociedade Deportiva
Aviso Legal - Política de cookies

ATENCIÓN AO CLIENTE

Para calquera consulta ou suxerencia,
póñase en contacto co noso servizo de atención ao cliente: salgueiropaderne@gmail.com

Facebook Instagram